enxenio labs

a nosa convicción: innovar.

O obxectivo principal da actividade de innovación de Enxenio é xerar coñecemento, tecnoloxía, procesos e métodos que aporten valor ao noso ecosistema. A innovación é a base da creación de novos produtos. Ao mesmo tempo, é a chispa que nos permite movernos de xeito incansábel cara ao futuro. 

Imagen presentación enxenio labs

innovación como motor do cambio.

Política de Innovación

enxenio desenvolve a súa actividade de innovación conforme aos requisitos estabelecidos na norma UNE 166002:2021

Fonte de coñecemento e aprendizaxe

enxenio labs, en tanto que realiza unha constante e sistemática vixilancia tecnolóxica, debe representar unha fonte de coñecemento ao servizo de toda a organización. 

Motor para o crecemento

enxenio labs constitúe un motor para o crecemento da organización, xerar novos productos e ser a base de servizos que permitan sastifacer as necesidades dos nosos clientes.

Actividade diferencial

Nun mercado cada vez máis competitivo, enxenio labs ten que ser unha actividade diferencial con respecto á competencia e aportar prestixio e recoñecemento a toda a organización. 

Vinculación coa UDC

A actividade de innovación de enxenio seguirá ligada ao Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña e demandaralle solucións innovadoras para resolver problemas reais e explotar os seus resultados de investigación. 

Orientación á creación de valor

As actividades de innovación deben xerar valor para Enxenio, os seus clientes e outras partes interesadas, contribuíndo ao crecemento sostible e á mellora da competitividade.

Cultura de innovación

Promoverase unha cultura organizativa baseada na creatividade, a iniciativa, a colaboración transversal e a tolerancia ao erro como fonte de aprendizaxe.

proxectos.

enxenio leva a cabo iniciativas de innovación tanto de xeito autónomo como en colaboración con clientes ou institucións públicas (universidades, centros de investigación etc.). Se tes unha idea, non dubides en contactar connosco. 

Comezar un proxecto!